#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Elefante Elegante: ALTA COSTURA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTOS

  • Duración do espectaculo: 70

  • Persoa representante : Elefante Elegante

  • Datos de contacto : 664 803 801 - teatro@elefanteelegante.net

  • Páxina web do grupo : https://elefanteelegante.net/gl/

  • Sinopsis da compañia :

    O Elefante Elegante nace do desexo de desenvolver unha linguaxe plástica, poética e universal que non dependa exclusivamente do texto e que permita indagar temáticas de carácter social e existencial. As súas creacións xurden do diálogo do teatro físico coa a danza, a música e as artes visuais. Os espectáculos do Elefante Elegante están baseados na relación do corpo co espazo e reflexan unha rigorosa investigación de xestos, movementos e imaxes. O xogo teatral baséase no traballo plástico dos intérpretes e na súa constante interacción cos elementos escenográficos. A narrativa das accións físicas varia entre a abstracción do movemento bailado e a construcción da trama teatral. O corpo contén en si mesmo todos os segredos e revelacións dunha posta en escena que se fundamenta na organicidade do dispositivo escénico e na dinámica pictórica da organización do espazo sonoro e literario. A compañía foi fundada por María Torres e Gonçalo Guerreiro no ano 2000 e residiu os primeiros anos na Bélxica ata instalarse en Galicia en 2007. O grupo comezou como un proxecto experimental do que facían parte actrices e actores de diferentes paises europeos. En escena, cada intérprete falaba a súa propia lingua. Ese foi o motor para iniciar a sua práctica en torno do xogo corporal. Actualmente ten a súa sede no Concello de Culleredo (Coruña) onde é compañía residente. Os seus espectáculos teñen sido recoñecidos con varios premios María Casares desde 2013.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un espectáculo cómico, irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais. ALTA COSTURA retrata o percorrido da produción da roupa dende a orixe da materia prima empregada na fabricación dos tecidos ata a confección das pezas, a súa distribución e a perversidade dos mecanismos de reciclaxe. O espectáculo dá especial relevancia aos mecanismos de venda, ao espazo sensorial da tenda e á relación contemporánea que o gran público mantén co acto de mercar e tirar roupa. ALTA COSTURA detense detalladamente na “fast-fashion”: o momento da compra, a filosofía de mercado empregada polas principais marcas e pola rapidez con que os produtos se desvalorizan, caen en desuso e se transforman en residuos abundantes e altamente contaminantes. ALTA COSTURA é unha creación de teatro visual. A estrutura escénica, as actrices, os actores, as bailarinas, os bailaríns e a música constitúen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, dos movementos e das palabras.

  • Caché con IVE : 4275.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4759.0 €

  • Técnica