#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

ATENEA GARCÍA: A BOUBA DAS VELLAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 90min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/A-Bouba-das-vellas/

  • Sinopsis da compañia :

    Atenea García é actriz, creadora escénica e narradora oral, titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Funda, xunto ao músico e escenógrafo Nicolás Zamorano, a compañía Xarope Tulú, dedicada ao público infantil e xuvenil. Comeza a súa andaina como narradora oral no ano 2016 e na actualidade conta con seis espectáculos en repertorio para público familiar. En 2022 estrea o seu primeiro espectáculo de narración para público adulto, 'Vicio Houbo Sempre', e en 2025 a segunda proposta: 'Bailen as vellas. Os contos das cereixas', unha proposta de narración oral para público adulto xunto a Vero Rilo que reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral. Na actualidade combina o seu labor como produtora, creadora e intérprete na compañía Xarope Tulú co seu traballo interpretativo para outras profesionais das artes escénicas. Forma parte da Asociación Galega de Narración Oral NOGA.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha colaboración entre as narradoras Atenea García e Vero Rilo coas creadoras e pandeireteiras Bouba. A Bouba das vellas é un espectáculo de narración oral e música que fusiona dúas propostas que percorren a memoria desde o presente. Atenea García e Vero Rilo trasladan ao escenario o legado e a voz das mulleres que non calaron, das que cantaron e bailaron a través dos seus contos. E as pandeireteiras Bouba, ofrecen un concerto co que ir trenzando estas historias cheas resistencia e cantigas. A Bouba das vellas é unha divertida, emotiva e fermosa proposta protagonizada por seis mulleres referentes enriba dos escenarios: Atenea García, Vero Rilo, María da Pontragha, Carme da Pontragha, Uxía da Pontragha e Maca do Piñeiro.

  • Caché con IVE : 3500.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3500.0 €

  • Técnica