#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A COVA DAS LETRAS: A BANDA NO ROCK

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: TÓDOLOS PÚBLICOS

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : A COVA DAS LETRAS

  • Datos de contacto : 646 383 305 - cristina.collazo.gomez@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://criscollazoactriz.gal/teatro-con-banda

  • Sinopsis da compañia :

    A Cova das Letras é unha compañía dezana que nace no 2014 con afán de espallar a cultura teatral e musical no rural. Comezan os traballos de investigación neste eido, onde se desenvolven obradoiros e espectáculos que xa van seguindo unha liña temática: a muller no rural e a revalorización da literatura oral galega. O primerio espectáculo, O CIRCO DOS CONTOS (2014), é un contacontos baseado nos contos igualitarios que mestura danza e teatro. A partires de aí son diversas as montaxes dende teatro de rúa (TEATRO Á FEIRA, 2019) até comedia musical con banda (A GATA CON ZOCOS 2018), revisión do conto tradicional O GATO CON BOTAS, ou ANIMALIA (2019). A FOTÓGRAFA (2015), PROCÚRA-SE PEPA A LOBA (2018) MARIÑEIRAS (2016), MARÍA PITA (2019) ou A ALQUIMISTA (2020) son mostra da importancia da visibilización da muller no rural. Actualmente somérxense no proxecto A FAMILIA BRAÑAS (2022), xunto co saxofonista Martiño Mato e Anxo García. Trátase dun musical terrorífico creado para realizarse con Banda de Música, coas composicións musicais de Manuel Paino. Así mesmo, dada a formación musical das compoñentes da compañía, ofrecen concertos sensorias para bebés: SON NO BERCE (2019). A COVA DAS LETRAS recibe o segundo premio á iniciativa empresarial da Deputación de Pontevedra. Anxo García, titiriteiro, actor e atrezzista, Manuel Paino, trompetista, compositor e actor e Cristina Collazo, actriz, directora e trompista, forman o elenco orixinal da compañía, mais contan coa presencia de diversos profesionais para as diferentes montaxes.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A Banda no Rock é un concerto didáctico onde se conta a famosa historia de PINCHO e PÚA. Pertencer a un colectivo que comparte as túas paixóns é unha gran rede de apoio. PINCHO, non está a pasar por un bo momento, mais grazas ás amigas, ao grupo e á música, vai superar tódalas adversidades ou polo menos a levalas mellor.

  • Caché con IVE : 2000.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2300.0 €

  • Técnica