#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Juan Meniño e Tino Barros: ALÓ IMOS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: TODOS OS PÚBLICOS

  • Duración do espectaculo: 70 mins

  • Persoa representante : JUAN LUIS GARCÍA MENIÑO

  • Datos de contacto : 652 605 174 - proxectocomedia@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1JV8Lh4PTHi0TIRvBZ21DDsR5TfypNDL7/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    Somos dúas voces distintas que aprendemos a latexar ao mesmo ritmo enriba dun escenario. Comezamos no talent Show da TVG de "O Novo Rei da Comedia" no 2025, onde Juan Meniño se proclamou vencedor e Tino Barros foi semifinalista. Dende entón, facemos actuacións en conxunto, con espectáculos aptos para todos os públicos, ademáis de monólogos e intervencións humorísticas en outros programas como "Quen Anda Ahí" da TVG. Todo o que creamos na compañía trata de enganchar ao público adulto e infantil, a través dun humor branco, promovendo o uso do galego con espectáculos vivos, dinámicos, de colleita propia e con gusto e cariño pola creación de contido nas redes e enriba do escenario. O noso proxecto nace desa mestura: rivalidade transformada en complicidade, estilos que chocan e encaixan, humor que vai do cotián ao absurdo sen pedir permiso. En escena somos contraste e equilibrio: un dispara, o outro remata; un provoca, o outro desmonta; e xuntos construímos un directo vivo, áxil e próximo. Facemos comedia con identidade propia, con raíces na nosa terra e mirada universal.

  • Sinopsis do espectaculo:

    É un show no que cada certo tempo se cambia de temática e de posta en escea cada 10mins (sketches, monólogos, interacción co público e imitación de personaxes) facendoo así diferente a outros shows e que tras levalo aos escenarios por primeira vez (Ribadumia, Lugo e Moraña) resultou moi innovador e entretido. Deste xeito conseguimos maior atención do público adulto e tamén dos mais pequenos, xa que os cambios de vestuario son en escea para a realización das diferentes seccións do show. Tras establecer un dossier axeitado e a gran aceptación do público, aquí presentamos "ALÓ IMOS"

  • Caché con IVE : 1936.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2236.0 €

  • Técnica