#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Carlota e Compañía: Ninguén tira fotos nos enterros

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Xeral

  • Duración do espectaculo: 55

  • Persoa representante : Carlota Mosquera Rodríguez

  • Datos de contacto : 670 627 711 - carlotaecompania@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1rg2ddfDDf-auFefGnmIH7i395GuxTBT8/view?usp=drive_link

  • Sinopsis da compañia :

    A Carlota e Compañía é unha nova formación teatral galega (2026) que nace de maneira orgánica tras máis dunha década de traxectoria individual na escena por parte da súa fundadora, Carlota Mosquera. A compañía combina diferentes disciplinas —como a fotografía e a improvisación teatral— e aposta por un teatro profundamente participativo e colectivo, no que o público non é simplemente espectador, senón parte do proceso dramático. A propia Mosquera, ademais de directora e dramaturga, é intérprete da obra que marca o inicio desta aventura.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Pódoche facer unha pregunta? Non me tes que respostar se non queres: Ti que idade tiñas cando te enteraches de que a xente podía morrer? Ninguén tira fotos nos enterros conta a historia dun feito sorprendente: unha familia celebrou, no mesmo día, unha voda e un enterro. Esta autoficción vai recreando as fotografías que unha nena de 11 anos tirou ese propio día. Con tenrura, humor, participación do público e técnicas de fotografía en vivo como a cianotipia, proponse unha reflexión colectiva sobre a morte dende a mirada da infancia.

  • Caché con IVE : 2300.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2700.0 €

  • Técnica