#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MARIÑA LESTÓN: COSTA DA MORTE, CARTOGRAFÍA DUN NAUFRAXIO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADOLESCENTE E ADULTO

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Costa-da-Morte,-cartograf%C3%ADa-dun-naufraxio/

  • Sinopsis da compañia :

    Actriz e creadora graduada en Interpretación Textual na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Complementa a súa formación como intérprete co posgrao de Xestión e Innovación Cultural da USC. Os seus inicios neste mundo sitúanse na Escola Base de Talía Teatro. Traballou con diferentes compañías do panorama teatral como pode ser o Grupo Chévere ou de docente nas agrupación escolares de Galeatro. Desenvolveu tamén diversos proxectos propios como: ADOLESCENTES, Dende o baleiro ás ondas ou Costa da Morte: Cartografía dun Naufraxio. Esta última, a estrear neste 2025, lévase a cabo en coprodución co Centro Dramático Galego. En todas elas a dramaturxia, dirección e interpretación, así como a producción, corren ao seu cargo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha proposta de teatro unipersoal dirixida ao público adolescente e adulto. Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar ás persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar ás que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron… Para que as súas historias non caian no esquecemento. Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón en coprodución co Centro Dramático Galego. A proposta conta cun formato accesible en lingua de signos coa intérprete Gema Santos.

  • Caché con IVE : 1445.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1900.0 €

  • Técnica