#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TEATRO DE NINGURES : AS GARDIÁS, OU O NÓ DO TECELÁN

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 90

  • Persoa representante : AMARELO DISTRIBUCIÓN

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Páxina web do grupo : https://teatrodeningures.gal/gl/as-gardias/

  • Sinopsis da compañia :

    Dende 1.986, en Teatro de Ningures contamos con máis de trinta espectáculos producidos e distribuídos, tanto clásicos como contemporáneos, sempre cun fondo compromiso social e tratando temas de actualidade.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor.

  • Caché con IVE : 4500.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4500.0 €

  • Técnica