#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

XAROPE TULÚ: VICIO HOUBO SEMPRE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 60min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Vicio-houbo-sempre/

  • Sinopsis da compañia :

    Atenea García é actriz, creadora escénica e narradora oral, titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Funda, xunto ao músico e escenógrafo Nicolás Zamorano, a compañía Xarope Tulú, dedicada ao público infantil e xuvenil. Comeza a súa andaina como narradora oral no ano 2016 e na actualidade conta con seis espectáculos en repertorio para público familiar. En 2022 estrea o seu primeiro espectáculo de narración para público adulto, 'Vicio Houbo Sempre', e en 2025 a segunda proposta: 'Bailen as vellas. Os contos das cereixas', unha proposta de narración oral para público adulto xunto a Vero Rilo que reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral. Na actualidade combina o seu labor como produtora, creadora e intérprete na compañía Xarope Tulú co seu traballo interpretativo para outras profesionais das artes escénicas. Forma parte da Asociación Galega de Narración Oral NOGA.

  • Sinopsis do espectaculo:

    NARRACIÓN ORAL / PÚBLICO ADULTO / 60 MIN Divertida e fresca proposta de narración oral para público adulto onde Atenea García presenta historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron 80 anos. Historias que falan do desexo, do pracer, de sexualidade... A primeira conversa naceu cunha frase: “Vicio houbo sempre, gracias a Dios!” E logo seguíronlle outras tantas onde as mulleres foron contándolle unha chea de cousas supostamente prohibidas. A peza fala do amor e da vida que sempre houbo nas marxes fiando contos sobre a diversidade sexual, a ausencia na emigración e, como non, a diversión nos bailes das festas! Todo, ao ritmo de historias e cancións acompañadas coa pandeireta.

  • Caché con IVE : 650.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1300.0 €

  • Técnica