#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

LaGriot'te: Todas temos a mesma historia

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Máis de 14 anos

  • Duración do espectaculo: 80 min

  • Persoa representante : Nazaret López Hombreiro

  • Datos de contacto : 658 689 282 - producciones@lagriotte.es

  • Páxina web do grupo : https://www.lagriotte.es/wp-content/uploads/2026/01/Dossier-TTMH-gal_b.pdf

  • Sinopsis da compañia :

    LaGriot’te xorde da unión de dous profesionais do sector –Sandra Gade e Nazan L. Bamio– con anos de experiencia tras descubrir que comparten e comprenden o teatro dunha forma similar. A compañía é unha homenaxe ás Griots. Aquelas persoas encargadas de manter viva a cultura e tradición do pobo ao que pertencen. Esta figura é a responsable de lembrar tódolos poemas, cancións, historias, lendas… que suceden no lugar. Un lixeiro esquecemento, e o pobo quedaría ferido de por vida ao desprenderse da súa historia un anaco que lles pertence. Comezan a súa andadura como compañía en Londres no 2021, onde estrean o seu primeiro espectáculo ‘Jácara para un pícaro o la España negra’ obtendo dous premios polo seu traballo e facendo unha xira nacional. Tras este fulgurante inicio estrean a súa segunda obra no 2024 ‘O Rexurdimento do Divino Sainete’ subvencionada polo AGADIC e apoiada pola Fundación Curros Enríquez. No 2025 estrean a súa última peza ‘Todas temos a mesma historia’, espectáculo baseado nos monólogos do Premio Nobel Darío Fo e Franca Rame. Durante estes anos, LaGriot’te obtivo distintos premios e recoñecementos: • 2021 Gañador do 1º premio do público no Festival Internacional de Londres (FestelOff) • 2021 Gañador do 3º premio do xurado no Festival Internacional de Londres (FestelOff) • 2021 Seleccionado no festival “VIII SURGE Madrid” • 2021 Residencia artística en espazos escénicos no territorio nacional (INAEM) • 2024 Subvención á creación (AGADIC)

  • Sinopsis do espectaculo:

    Tres mulleres, tres épocas... pero unha mesma historia que parece repetirse. Baseada nos monólogos de Darío Fo e Franca Rame, ‘Todas temos a mesma historia’ une tres épocas e tres xeracións para amosar, con humor salvaxe e moita lucidez, que a loita pola igualdade muda de roupa… pero non de fondo de armario. A avoa nos anos 60 vive feliz sendo ama de casa… ou iso di ela. Convertendo o fogar na súa burbulla. A nai nos 80 xa é unha muller moderna: traballa na conserveira, cría a súa filla pero fai malabares coa conciliación. E a filla nos 2000 xa naceu libre, emancipada e empoderada… ata que se deita co seu noivo e descobre que o patriarcado segue suando e roncando. Un espectáculo grotesco, hilarante e incómodo (no mellor sentido) que fai rir, pensar e mesmo sorprenderse ao descubrir que, medio século despois, seguimos todas no mesmo punto… só que con mellor peiteado. Cunha interpretación vibrante e un ritmo que non da respiro, esta comedia déixanos unha pregunta suspendida no aire: “E o que está por vir, como será?" PD: Ao non atopar outro espazo onde indicalo, dicir que a obra ten dereitos de autor coa SGAE polo texto de Darío Fo e Franca Rame. Estes dereitos de autor son un 10% do caché bruto

  • Caché con IVE : 1550.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1950.0 €

  • Técnica